jueves, 27 de abril de 2017

Proxecto Final 2

Proxecto final, progresando :)

Un mes máis tarde dende que subín a primeira parte do proceso do proxecto final xa avencei máis coas persoaxes e coas partes que compoñeran o escenario do xogo.
Estiven recortando os cadros de transparencia de cada un dos personaxes que xa deseñara, escalandoos e sacandolles a calidade de interpolación para que ao amplialos non se visen borrosos.
Un exemplo:



 


            






             

                               

Outras cousas que deseñei e tamen seguín os mesmos pasos foron o inimigo do player co seu walk cycle(aínda que editara todas as fotos so vou deixar unha como do player), a herba coa que faremos o chan, a herba que servira para facer escalóns e outros relevos e unha nube.







 















 Non parece demasiado traballo pero con unha semana de vacacións no medio e moitos retoques e probas de como quedaba o walk cycle do player nos modelo de videoxogo que hai en Gdevelop e no que esta facendo a miña compañeira foi o máximo que avancei. O seguinte mes rematarei cos demais elementos do escenario e con todos os extras que teña que deseñar como o baile de cando alcanza o obxectivo que xa está a medias e deixareino todo editado para poder comezar a xuntar todas as pezas nas que estiveron traballando os meus compañeiros.


Espero que vos gusten os deseños!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario