sábado, 10 de junio de 2017

Proxecto Final 6

Proxecto final, o xogo rematado!

Estes tres días traballamos mañans e tardes en cada momento que tiñamos en acabar o xogo, e por fin o conseguimos!!
As últimas modificacións que fixemos foron:
 
 
Conseguir que disparar para os dous lados.
O único que facía falta era poñer noutro evento(o primeiro que se ve na imaxe é para facer que dispare e aparece no outro artigo) que coa condición de que o disparo normal se a tecla left está presionada tivera a acción de disparar pero con un valor de forza negativo (é moi sinxelo atopar dónde poner as condicións porto que son nos apartados de ratón y táctil ou no de teclado  a condición é en Todos los objetos/Movimiento/Agregar una fuerza (ángulo) ).  
 
 
 
 
Poñer ao final una estrela que sumase una puntuación de 10000 puntos ao alcanzala e xusto detrás pon " You Win!! ".


 
 
Esta é a estrela (non explico como engadir un obxecto posto que xa o fixen no anterior titorial , o único cambio é que a estrela non ten un comportamento agregado):
 
 
 
Estes son os eventos que hai que poñer para que a estrela dea una puntuación de 10000 puntos:
 
 
O que din é que cando player esté en  colisión con estrela o valor do seu score debe ser +10000.
A condición  ponse en  Todos los objetos/Colisión/no primeiro espazo o obxecto que colisiona ("player") e no outro contra o que colisiona ("estrela").
 
 
 
Deseñamos todo o escenario do xogo, tanto a parte subterránea como a outra, engadimos todos os obxecto que deseñaramos e algún máis para dificultar o xogo o corriximos todos os erros que tiñan os obxectos e eventos. Nos estamos moi contentos co resultado e por aquí vos deixo o xogo para que xudgedes por vos mesmos. Algunhas capturas:
 


 

 

Crear un xogo de plataformas e deseñar animacións e outros obxectos pixelados foi un proceso difícil as veces, moi laborioso outras e sobre todo mooi divertido e do que aprendín moito. Espero que vos guste o xogo.
 
Deica logo!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 

1 comentario:

  1. Xa che comento aquí polos dous artigos.
    Creo que conseguíchedes un gran resultado, e tamén creo que, de ter posto antes o interese que puxéchedes na última semana, teriades feito alto aínda mellor. Pero iso xa o sabedes vós.
    Boto en falta que tiverades dividido un pouco o traballo, está moi ben tomar todas as decisións en grupo e se pasa mellor estando todos darredor do mesmo ordenador, pero non é tan efectivo como distribuír as tarefas e encargarse cada un dunha parte.
    En calquera caso, estes últimos artigos documentan moi ben o traballo e o resultado é moi bon, así que parabéns!
    Se vas facer algunha enxeñería ou carreira técnica, non deixes de facer cousas co ordenador, colle algo que che guste e tenta levalo a cabo. Se podes manter un blog co que vaias facendo, iso vaiche valer moito no futuro, que auguro vai ser brillante ;)

    ResponderEliminar