jueves, 27 de abril de 2017

Proxecto Final 2

Proxecto final, progresando :)

Un mes máis tarde dende que subín a primeira parte do proceso do proxecto final xa avencei máis coas persoaxes e coas partes que compoñeran o escenario do xogo.
Estiven recortando os cadros de transparencia de cada un dos personaxes que xa deseñara, escalandoos e sacandolles a calidade de interpolación para que ao amplialos non se visen borrosos.
Un exemplo:



 


            






             

                               

Outras cousas que deseñei e tamen seguín os mesmos pasos foron o inimigo do player co seu walk cycle(aínda que editara todas as fotos so vou deixar unha como do player), a herba coa que faremos o chan, a herba que servira para facer escalóns e outros relevos e unha nube.







 















 Non parece demasiado traballo pero con unha semana de vacacións no medio e moitos retoques e probas de como quedaba o walk cycle do player nos modelo de videoxogo que hai en Gdevelop e no que esta facendo a miña compañeira foi o máximo que avancei. O seguinte mes rematarei cos demais elementos do escenario e con todos os extras que teña que deseñar como o baile de cando alcanza o obxectivo que xa está a medias e deixareino todo editado para poder comezar a xuntar todas as pezas nas que estiveron traballando os meus compañeiros.


Espero que vos gusten os deseños!!!

 

sábado, 1 de abril de 2017

Proxecto Final

Proxecto final, creando un videoxogo :)

Hoxe vou falar do meu proxecto para o seguinte trimestre, este proxecto fagoo con dous amigos (Marta e Brais) e cada un de nos encargase dunha parte para despois xuntalas e facer o videoxogo. Estas semanas comezamos a traballar nel e eu dedequeime ao deseño dos personaxes con piskel . Piskel é unha páxina gratuita para o deseño dos personaxes (con animacións) sen necesidade de descargar ningunha aplicación. Fun deseñando: 
-O "walk" cycle do personaxe principal.


      -Un baile para cando chega ao seu obxectivo.


 
                  - Dous debuxos, un para cando non se move e outro para cando salta (posicións que ocupa cando realiza estas accións no xogo no xogo).

Despois probamos estas animacións e imaxes nun xogo creado en gdevelop e vense algo borrosas por o seu tamaño por eso será o seguinte que intentarei mellorar :)
 Facer os personaxes dun xogo e probar como funcionan non me está resultando complicado grazas aos numerosos titoriais, axudas e a que me gusta debuxar e diseñar cousas.Traballei bastante no deseño dos personaxes e adiqueille dúas tardes a maiores do traballo en aula:)