Este video é a letra dunha canción de beret que me gusta moito posto que nn ten un estribillo e é un rap que trata sobre os sentimentos do cantante sobre todo de pena a causa do amor.
O meu novo traballo foi unha nova portada para a película de Salt posto que me pareciu que a que había era un pouco sosa :)
Este traballo realiceino co editor de imaxes GIMP, abrindo varias imaxes como capas e editandoas para logo situalas onde me pareceu mais cool e conseguir así o efecto desexado. Non foi un traballo difícil pero si que marea un pouco ir escollendo os bits que queres eliminar seleccionandoos conxuntamente por a cor coa variña máxica.
Fixen co editor de imaxenes gimp e con unha foto dun home traxeado e unha dun león un meme dun león traxeado, abrindo as dúas imaxe como capas, eliminando coa variña máxica e co canal alfa os bordes, centrando e empequeñecendo coa escala a imaxe superior para que quede algo "realista".
O logo de ChocoCat representa a un gato coa lingua fora, como se estivera relamendose e está feito con duas "c" tumbadas, unha para facer a forma da cara e outra para facer a forma da boca. as súas cores son, maioritariamente o marrón chocolate e no interior das orellas, o nariz e a lingua unha cor rosada. Para comezar faremos coa ferramenta de dibujar curvas Bézier y líneas rectas(1) e coa de editar nodos de trayecto o tiradores de control(2) a forma de "c" tumbada que ten a cara co gato. (1) (2) Continuaremos duplicando (Ctrl+d) o que temos para disminuilo e poñelo no interior a cara coa función de boca.
Despois faremos coas mesmas ferramentas as orellas.
De seguido faremos a parte interior das orellas duplicando as que temos e disminuindoas e cambiandolles a cor .
A continuación faremos coas ferramentas (1) e (2) a parte de dentro da boca, e de distinta cor o nariz e a lingua, coa linea que ten dentro nun tono rosado máis oscuro.
Creei un logo para a miña propia empresa coa axuda de inkscape e moita inmaxinación. A miña empresa é de chocolate para gatos e este é o seu logo inspirado nas dúas "c" de ChocoCat e na cor marrón do chocolate.
O meu seguinte proxecto foi unha lúa que bota no fondo do ceo. Este traballo foi algo máis complicado que o da coroa, posto que hai que facer varios debuxos e despois xuntalos en gimp. O resultado final non me agrada demasiado porque cometín algún que outro erro, pero polo menos foi divertido!! Aquí vos deixo o arquivo en ".svg".
A miña experiencia facendo unha coroa seguindo un tutorial de inkscape foi boa, divertida e interesante, aínda que pasei momentos de estrés cando non sabía ben o que tiña que facer para conseguir as formas das sombras e brillos que desexaba . Elixín a coroa porque me gustou o deseño do debuxo que vin na páxina inkscape tutorials. org onde se poden atopar unha gran variedade de tutoriais de inkscape . O máis doado para min foi a forma da coroa, e o máis complicado as sombras da súa parte central . Por aquí vos deixo unha foto do resultado final da miña coroa e o enlace ao traballo de inkscape para poder modificala , cambiarlle a cor...