Coroa Inkscape
A miña experiencia facendo unha coroa seguindo un tutorial de inkscape foi boa, divertida e interesante, aínda que pasei momentos de estrés cando non sabía ben o que tiña que facer para conseguir as formas das sombras e brillos que desexaba . Elixín a coroa porque me gustou o deseño do debuxo que vin na páxina inkscape tutorials. org onde se poden atopar unha gran variedade de tutoriais de inkscape . O máis doado para min foi a forma da coroa, e o máis complicado as sombras da súa parte central . Por aquí vos deixo unha foto do resultado final da miña coroa e o enlace ao traballo de inkscape para poder modificala , cambiarlle a cor...

No hay comentarios:
Publicar un comentario