domingo, 26 de marzo de 2017

Titorial widgets para unha páxina web

  Deseño dunha páxina web

Todo este tempo no que non escribín nada na páxina estiven traballando no deseño dunha páxina web programando.
O básico do deseño dunha páxina web pódese facer fácilmente seguindo tutoriais (eu usei moito a páxina w3schools que é moi sinxela).
Hoxe vou facervos un titorial de outras cousas para engadir á páxina que non son básicas pero quedan ben ou son prácticas.
Estas cousas son: o tempo dunha determinada zona (eu fareino de Coristanco porque é donde vivo) , a hora e a data e tamén unhas iconas. 
¡¡Este titorial usa algunha linguaxe de programación!! 

¿ Cómo poñer o tempo ?     

Eu vou poñer o tempo de Coristanco como xa dixen.

Debemos escribir este codigo donde queiramos que o noso widget quede posto : <div id="c_9987d6c7cf2530da821766a4c9a4b828" class="ancho"></div><script type="text/javascript" src="https://gal.eltiempo.es/widget/widget_loader/9987d6c7cf2530da821766a4c9a4b828"></script>  
Explicación: o apartado de "div" e "id" serven para explicar o tipo de estilo que queremos o noso widget (donde pon class ancho é para indicar que todo o widget é de clase ancho, que deberiamos esplicar posteriormente como queremos que sexa estéticamente esa clase nunha páxina de styles). O apartado de "script" e  "type" é para indicar que cumple unha función de scripts que ven sendo que realiza unha función cando ti interactues con el (cando actualices  actualizarase o tempo se hai novos avances). O "src" é a páxina á que está ligada o widget e a cal o controla polo que non temos que programar máis porque xa a páxina controla todo.
Este widget está moi controlado pola páxina que o actualiza no que tamen se diseña polo que probablemente o titorial sexa algo escaso e incomprensible :´( 
Podes deseñar un código adaptado ao que queres máis fácilmente nesta páxina donde eu creei o meu.

¿ Cómo poñer a hora e a data ?

 Este widget quedaría así posto (actualizado) na parte superior da páxina que desexemos:

Sun Mar 26 2017 13:16:52 GMT+0200 (Hora de verano romance)
    
Para conseguir esto debemos poñer esto dentro do apartado "head":

 <p id="demo"></p>

<script>
document.getElementById("demo").innerHTML = Date();
</script>


Explicación: a "p" é para especificar a clase como un parágrafo, a "id" é para identificalo como "demo" e o parágrafo de abaixo serve para que a función de data se realice como un script E dicir realiza unha función cando nos facermos outra (actualizase cada vez que nos actualizamos a páxina) coas caracteristicas especificadas de "demo"(é un parágrafo e polo tanto ten as mesmas carácteriasticas que se lle especifiquen a estes na páxina "class").

Podemos atopar este titorial e outros moi similares aquí.


¿ Cómo poñer iconas ?

Vamos poñer as seguintes iconas:
 Para isto debemos escribir este código na liña seguinte á de "head" da páxina na que queremos situalas posto que estas son iconas de google :
<link rel="stylesheet" href="https://fonts.googleapis.com/icon?family=Material+Icons">
Este viria sendo o link que indica de donde saiu o estilo das iconas e que identifica es palabras que debemos escribir no código con cada imaxe.
A continuación debemos escribir na parte superior do apartado "body":

<i class="material-icons">cloud</i>
<i class="material-icons">favorite</i>
<i class="material-icons">attachment</i>
<i class="material-icons">computer</i>
<i class="material-icons">traffic</i>


Explicación:  o "i" é para especipicar a clase (texto, título, imaxe, icona...), o "class" é para especificar unha clase (que podemos modificar na páxina de styles escribindo: .material-icons{...o que queiramos modificar...}) e os nomes a continuación son para identificarse co link posto con anterioridade e saber a imaxe que debe aparecer.
 Podemos ver este tutorial e atopar moitas máis iconas aquí.



Espero que vos guste e vos sirva para algo o titorial aínda que requira bastante de outras páxinas:)