lunes, 12 de junio de 2017

Evaluación Curso


Evaluación Curso

Ao longo deste curso aprendín moito. Fixemos programación web, deseño e edición de imaxes, traballo con códigos (binario, hexadecimal...), fixemos un proxecto final, traballamos cunha terminal... Case todo o que fixemos foi novidoso e aprendín moitas cousas que me serán útiles no futuro. O noso profesor é moi divertido e axudanos a que o enetendamos todo á perfección<3 
Ao longo de todo o curso tamén redactamos un diario co que faciamos diariamente e comezamos a escribir o blog cos nosos proxectos e moitos titoriais.
Espero continuar comopartindo no blog todo o que apenda.
O que mais me gustou foi o traballo creando videoxogos e o flippy bit :)   e o que menos me gustou foi o examen sorpresa.
 Deica logo e grazas Tuchooo por todo eres o mellor(moito mellor que Xabier)!!!❤ 

sábado, 10 de junio de 2017

Proxecto Final 6

Proxecto final, o xogo rematado!

Estes tres días traballamos mañans e tardes en cada momento que tiñamos en acabar o xogo, e por fin o conseguimos!!
As últimas modificacións que fixemos foron:
 
 
Conseguir que disparar para os dous lados.
O único que facía falta era poñer noutro evento(o primeiro que se ve na imaxe é para facer que dispare e aparece no outro artigo) que coa condición de que o disparo normal se a tecla left está presionada tivera a acción de disparar pero con un valor de forza negativo (é moi sinxelo atopar dónde poner as condicións porto que son nos apartados de ratón y táctil ou no de teclado  a condición é en Todos los objetos/Movimiento/Agregar una fuerza (ángulo) ).  
 
 
 
 
Poñer ao final una estrela que sumase una puntuación de 10000 puntos ao alcanzala e xusto detrás pon " You Win!! ".


 
 
Esta é a estrela (non explico como engadir un obxecto posto que xa o fixen no anterior titorial , o único cambio é que a estrela non ten un comportamento agregado):
 
 
 
Estes son os eventos que hai que poñer para que a estrela dea una puntuación de 10000 puntos:
 
 
O que din é que cando player esté en  colisión con estrela o valor do seu score debe ser +10000.
A condición  ponse en  Todos los objetos/Colisión/no primeiro espazo o obxecto que colisiona ("player") e no outro contra o que colisiona ("estrela").
 
 
 
Deseñamos todo o escenario do xogo, tanto a parte subterránea como a outra, engadimos todos os obxecto que deseñaramos e algún máis para dificultar o xogo o corriximos todos os erros que tiñan os obxectos e eventos. Nos estamos moi contentos co resultado e por aquí vos deixo o xogo para que xudgedes por vos mesmos. Algunhas capturas:
 


 

 

Crear un xogo de plataformas e deseñar animacións e outros obxectos pixelados foi un proceso difícil as veces, moi laborioso outras e sobre todo mooi divertido e do que aprendín moito. Espero que vos guste o xogo.
 
Deica logo!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 8 de junio de 2017

Proxecto Final 5

Proxecto final, a contra reloxo.

Continuamos una semana máis co noso proxecto, a creación dun videoxogo. Xa só quedan uns días para finalizar o traballo e pouco a pouco avanzamos e perfeccionamos os moitos detalles que forman o xogo de plataformas.
Esta semana traballamos todos os membros do equipo xuntos para aportar solucións e ideas. Vouvos ir explicando o que fixemos polo miúdo, sobre todo nas partes nas que máis me centrei.
 
Fixemos un escenario subterraneo xuntando obxectos, uns con comportamento de plataforma ( ponse dando click dereito sobre o obxecto que queiras convertir en plataforma, una vez feito eso clicas en comportamiento e en agregar comportamiento e seleccionas "plataform object") e outros sen ningún comportamento polo que funcionan de fondo. Tamen puxemos un tubo vermella para que o "player poidera pasar de un escenario a outro". Para poñer un novo obxecto hai que seguir estos pasos:
 
 
Click dereito sobre obxectos e seleccionamos agregar un obxecto.

 
Seleccionamos que tipo de obxecto imos agregar, no noso caso un tubo, que é un sprite posto que é una imaxe con animación (que é poder pasar por el).

 
Unha vez creado hai que poñerlle un nome na barra onde aparecen todos os personaxes.

 
Para enlazar o nome con una función coa imaxe á que lle corresponde temos que dar doble click sobre onde aparece o tubo e cando abra o recadro de arriba picamos onde pon o + que sinala a frecha vermella e seleccionamos das nosas imaxes a que queremos usar, para logo buscala entre os nomes que recolle o corchete verde e cando a atopemos arrastrala ata onde indica a frecha azul.

 
Salimos do recadro de selección da imaxe e damos click dereito sobre onde pon tubo (na barra onde pon o nome dos obxectos e personaxes)para abrir o recadro superior onde pon agregar un  comportamento e seleccionar o comportamento de plataforma e depois baixamos un pouco co rato e seleccionamos plataforma de tipo escaleira.

 
Para que o noso obxecto (o tubo) apareza no recadro do xogo so temos que arrastralo ata el.
 
Fixemos que o "player" disparara bolas de fogo que matan aos enemis. Para iso:
 

 
Primeiro precisamos fixar o punto dende o que vai disparar, para eso damos doble click sobre o player e clicamos e engadimos a animación de disparo (forma na que vai estar cando dispare), que se engade donde xa ten as animacións de andar, saltar e estar parado so temos que darlle a máis e buscala entre as nosas imaxes da forma que xa expliquei con anterioridade. Unha vez xa teñamos a animación teremos que seleccionar o punto dende o que vai saír o disparo. Para iso clicamos sobre a cruz que sinala a frecha vermella da animación de disparo (que no noso caso é a mesma que a de salto) e apareceranos un recadro cos puntos como o da dereita, onde hai que clicar onde indica a frecha laranxa para engadir outro punto. Poñemoslle un nome ao punto(canon no noso caso) , que utilizaremos para identificalo nos eventos e movemos a cruz que sinala a frecha verde ata o punto dende o que vaia disparar o "player".  Despois hai que crear outro obxecto, que será a bala, bola de fogo ou o que dispare. Chamaremoslle "lol".
 
Ahora pasaremos á páxina dos eventos  (non lle vou poner a explicación a onde encontrar cada acción e condición posto que senon o titorial sería moi longo ) . Estes son os que hai que escribir para facer que "player" dispare a "lol" e que "lol" desapareza e mate aos inimigos cando choque con eles.
 
 
A primeira liña (subrayada en cor vermella ) indica que cando pulsemos o botón esquerdo do rato o obxecto "debe aparecer na posición canon do player. Ponse dandolle nas condicións Ratón y táctil / Botón del ratón presionado o toque / escribimos left no recuadro da dereita. E a acción ponse en:
 
 
So hai que darlle a onde indican as frechas por orde e escribir o que pon en cada recadro da dereita que son para indicar o obxecto que aparecerá ("lol") e onde ( no punto  "canon" de "player" ).
 
A segunda liña ou a subrayada en laranxa e a terceira ou a subrayada en amarelo son para indicar que "lol" lavará una certa  forza a elixir segundo vaias probando no xogo e que cada certo tempo despois de que "lol" apareza volverá a aparecer.
 
As últimas  dúas liñas son para indicar que cando "lol" esté en colisión con  "enemis" desaparecerá tanto "lol" como "enemis".
 
 
 
 
Tamén fixemos que os enemis andaran correctamente cambiando as accións e condicións:
 
 
Resulta que so tiñamos que cambiar o un e o cero para que foran hacia adiante posto que tiñamos as animacións ao revés.
 
 
 
 
 
E engadimos una bala que é o único inimigo que mata ao "player" se está en colisión con el:
 
 
So fai falla poner este evento apartado do resto de eventos que incluen a todos os inimigos .
 
 
 
Por último fixemos que a cámara enfocase una franxa de videoxogo que engloba dende as plataformas máis altas ata as máis baixas e sen moverse xunto co player.
 
 
Ao engadir só esta acción facemos que se centre no obxectivo player pero se subir e baixar dos marxes xa establecidos.
 
 
 
 
Esto foi o que nos dou tempo a facer nunha semana tendo en conta todo o tempo que perdemos intentando facer que player poidese disparar para os ous lados e sen obter froitos:( Volvemos a vernos en dous días que si que serán contra reloxo para rematar de todo o proxecto e subilo á web. Se os pasos non están explicados dende o principio de todo e son algo superficiais é porque con antelación tiñamos feitos os pasos anteriores e se o repetía todo este artigo sería enorme ou xa expliquei noutros artigos como facelo. Deica moi pronto!!!!
 
 
 
 
 
 

lunes, 29 de mayo de 2017

Proxecto Final 4

Proxecto final, traballando con un xogo de plataformas.

 
Estas dúas semanas foron bastante complicadas a pesar de contar coa axuda do meu compañeiro de traballo porque cambiei de traballo e todos os días tiñamos que revisar e modificar todo posto que non funcionaba ou non se gardaba correctamente.
Primeiro comezamos por cambiar e mesmo programar todo o comportamento dos inimigos posto que saltaban e se movían co "player" (tamén corriximos un fallo que facía que as nubes e os vermes caeran e se moveran descontroladamente) e tamén facer que morresen cando o "player" lles saltaba enriba.
Explicareivos todos estes procesos nun breve titorial.
Para realizar todos estes pasos debemos comezar por agregar un evento en gdevelop:
 
Para agregar un evento se xa tes outros daslle a agregar evento (aparece ao pasar o rato sobre o evento anterior) ou clicas en agregar e seleccionas agregar evento estandart.
 
Despois iremos engadindo condicións que ocurrirran con una acción desencadeante. Por exemplo se quero facer desaparecer aos inimigos cando "player" lles salta enrriba temos a condición de que "player está en colisión con enemis" e a acción de volver 0 a opacidade de player e moitas outras que se van engadindo pulsando sobre sin condiciones e sin acciones e agregando as que necesitemos clasificadas según a súa función, a zona á que lle afectan, o comportamento que modifican...

 
A primeira parte é a do funcionamento de enemis onde lles decimos o que teñen que facer se nada se cruza no seu camino:
 
 
Vouvos explicar que fai o que está escrito en cada cor e onde se pon (dentro das condicións e acción repartidas característicamente que nomeei antes):
 
Vermello- Especifica que ao comezar o xogo o inimigo que esta voando (nube) non ten que comportarse como se fora una plataforma. Para escribir a condición hai que darlle / al comenzar escena e para escribir a acción hai que darlle a ... e escribir nos recadros eso:
 
 
 
 
Verde- Di que cando os inimigos toquen unas frechas que se poñen no escenario para marcar o recorrido de player teñen que dar a volta deica chegar ata a outra frecha e así sucesivamente para poner esto hai que clicar na condición todos los objectos/colisión/colisión e seleccionar no primeiro recadro se vai para a dereita ou para a esquerda (clicando no recadro da dereita da franxa na que se escribe e seleccionandoo) e para indicar a acción :
 
 
 
O valor varía dependendo de se vai para a dereita ou para a esquerda ( 1 para a esuqerda e 0 para a dereita) posto que o resto da acción é igual.
 
Laranxa- Indica que enemis está na súa forma 0 que xa con anterioridade se ten que poñer e a súa forma 0 é a normal de cando anda de dereita a esquerda. Esta condición ponse en Todos lo objectos  / Sprite / Animaciones e imágenes / Animación actual e seleccionase un valor igual a 0.
A segunda parte especifica o mesmo dentro da posición normal(cando algo fai que a posición de enemis varie) e serve para poñer os cambios que se producen entre una e outra posición. Ponse en Todos los objectos / Variables / Valor de la variable de un objecto .
 
Amarelo- Indica que o inimigo voador perde a gravedade e cae cando a súa posición é 1 e que voa e está no aire cando a súa posición é 0 (o 1 e o 0 están postos na condición á que esta acción corresponde). Esto ponse en :
 
 
Cando o número da velocidade do eixo X é negativo o obxecto vai caer.
 
Azul- Serve para decir que o inimigo só se vai mover dun lado ao outro se esta na posición 0 (a normal). Ponse a primeira parte :
 
 
E a segunda parte:
 
 
 
E esto é todo o que hai que facer nas acción para que os inimigos sigan un recorrido e cumplan estas acción se están na posición 1. Para facer que morran cando o "player" lles salta enriba hai que seguir este outro esquema:
 
 
Agora solo vou decir para que serve cada cousa pero non dónde se pon posto que senon o artigo sería demasiado extenso pero poden seguir este titorial como axuda
 
Vermello- Condición dque engloba que todos os seguintes sub-eventos pasarán cando "player" estea en colisión con enemis.
 
Laranxa- Di que "player" está caendo sobre enemis posto que eso decía a condición que o engloba (que so conta cando player está batendo con enemis).
 
Amarelo- Di que a animación de enemis vai pasar a ser un o que vai facer que a posición de enemis cambie e estea na forma de "morto".
 
Verde- Cando as condicións tanteriores pasen enemis vai pasar a ter función de plataforma en lugar de obxecto.
 
AzulClaro- Enemis pasará a ter gravidade polo que caerá.
 
AzulEscuro e Rosa- Estas dúas acción fan que player dea un salto ao saltar e colisionar con enemis.
 
Violeta- Cando "player" mate a enemis reproducirase esa son.
 
Gris- Sumaranse 50 puntos por cada inimigo que mate "player".
 
Salmón e Negro- Din que a opacidade de enemis cando estea normal e de pronto a súa posición pase a ser 1 pola colisión co "player" se vai volver invisible pouco a pouco ata desparecer.
 
 
Espero que esta artigo sirva de moito e non teña moitas faltas de ortografía posto que xa levo moito tempo traballando nel e non sei o que escribo case :) . Vemonos en dúas semanas coa parte final do proxecto e a presentación deste!!!!!
 
 

miércoles, 10 de mayo de 2017

Proxecto Final 3

Proxecto final, busca de novas tarefas. 

Neste período de dúas semanas fixen outros debuxos pixelados que completarán os gráficos do videoxogo (unha bola de lume para que o player a dispare, un diamante de cores que funcionara como puntuación e nubes para a escena).Tamén volvin a deseñar e editar todos os players para que ao moverse polo videoxogo non vibrara(son iguais pero anadinlle una pequeña marxe transparente arriba e non podo subir esa imaxe).
 Aquí vos deixo os deseños que fixen:


 
 
 
 

 


 
O noso videoxogo está feito con gdevelop e como tiña que cambiar de tarefas cambie coa miña compañeira de traballo e agora ela fará os debuxos e eu traballarei no deseño do xogo de plataformas. Comecei por poñer o color de fondo ao videoxogo.
 Para iso temos que darlle click dereito sobre onde pon nova escena no lado esquerdo da pantalla:

 
Clicar onde pon modificar esta propiedade:

 
Clicar onde aparece un recadro cunha cor ou gris:

 
E xa solo queda elixir a cor de fondo e para que aparezan máis que as cores básicas hai que clicar sobre definir cores personalizadas:

 

Espero que vos sirva de algo este mini titorial e vemonos en dúas semanas!! 

jueves, 27 de abril de 2017

Proxecto Final 2

Proxecto final, progresando :)

Un mes máis tarde dende que subín a primeira parte do proceso do proxecto final xa avencei máis coas persoaxes e coas partes que compoñeran o escenario do xogo.
Estiven recortando os cadros de transparencia de cada un dos personaxes que xa deseñara, escalandoos e sacandolles a calidade de interpolación para que ao amplialos non se visen borrosos.
Un exemplo:



 


            






             

                               

Outras cousas que deseñei e tamen seguín os mesmos pasos foron o inimigo do player co seu walk cycle(aínda que editara todas as fotos so vou deixar unha como do player), a herba coa que faremos o chan, a herba que servira para facer escalóns e outros relevos e unha nube.







 















 Non parece demasiado traballo pero con unha semana de vacacións no medio e moitos retoques e probas de como quedaba o walk cycle do player nos modelo de videoxogo que hai en Gdevelop e no que esta facendo a miña compañeira foi o máximo que avancei. O seguinte mes rematarei cos demais elementos do escenario e con todos os extras que teña que deseñar como o baile de cando alcanza o obxectivo que xa está a medias e deixareino todo editado para poder comezar a xuntar todas as pezas nas que estiveron traballando os meus compañeiros.


Espero que vos gusten os deseños!!!

 

sábado, 1 de abril de 2017

Proxecto Final

Proxecto final, creando un videoxogo :)

Hoxe vou falar do meu proxecto para o seguinte trimestre, este proxecto fagoo con dous amigos (Marta e Brais) e cada un de nos encargase dunha parte para despois xuntalas e facer o videoxogo. Estas semanas comezamos a traballar nel e eu dedequeime ao deseño dos personaxes con piskel . Piskel é unha páxina gratuita para o deseño dos personaxes (con animacións) sen necesidade de descargar ningunha aplicación. Fun deseñando: 
-O "walk" cycle do personaxe principal.


      -Un baile para cando chega ao seu obxectivo.


 
                  - Dous debuxos, un para cando non se move e outro para cando salta (posicións que ocupa cando realiza estas accións no xogo no xogo).

Despois probamos estas animacións e imaxes nun xogo creado en gdevelop e vense algo borrosas por o seu tamaño por eso será o seguinte que intentarei mellorar :)
 Facer os personaxes dun xogo e probar como funcionan non me está resultando complicado grazas aos numerosos titoriais, axudas e a que me gusta debuxar e diseñar cousas.Traballei bastante no deseño dos personaxes e adiqueille dúas tardes a maiores do traballo en aula:)
 


 

domingo, 26 de marzo de 2017

Titorial widgets para unha páxina web

  Deseño dunha páxina web

Todo este tempo no que non escribín nada na páxina estiven traballando no deseño dunha páxina web programando.
O básico do deseño dunha páxina web pódese facer fácilmente seguindo tutoriais (eu usei moito a páxina w3schools que é moi sinxela).
Hoxe vou facervos un titorial de outras cousas para engadir á páxina que non son básicas pero quedan ben ou son prácticas.
Estas cousas son: o tempo dunha determinada zona (eu fareino de Coristanco porque é donde vivo) , a hora e a data e tamén unhas iconas. 
¡¡Este titorial usa algunha linguaxe de programación!! 

¿ Cómo poñer o tempo ?     

Eu vou poñer o tempo de Coristanco como xa dixen.

Debemos escribir este codigo donde queiramos que o noso widget quede posto : <div id="c_9987d6c7cf2530da821766a4c9a4b828" class="ancho"></div><script type="text/javascript" src="https://gal.eltiempo.es/widget/widget_loader/9987d6c7cf2530da821766a4c9a4b828"></script>  
Explicación: o apartado de "div" e "id" serven para explicar o tipo de estilo que queremos o noso widget (donde pon class ancho é para indicar que todo o widget é de clase ancho, que deberiamos esplicar posteriormente como queremos que sexa estéticamente esa clase nunha páxina de styles). O apartado de "script" e  "type" é para indicar que cumple unha función de scripts que ven sendo que realiza unha función cando ti interactues con el (cando actualices  actualizarase o tempo se hai novos avances). O "src" é a páxina á que está ligada o widget e a cal o controla polo que non temos que programar máis porque xa a páxina controla todo.
Este widget está moi controlado pola páxina que o actualiza no que tamen se diseña polo que probablemente o titorial sexa algo escaso e incomprensible :´( 
Podes deseñar un código adaptado ao que queres máis fácilmente nesta páxina donde eu creei o meu.

¿ Cómo poñer a hora e a data ?

 Este widget quedaría así posto (actualizado) na parte superior da páxina que desexemos:

Sun Mar 26 2017 13:16:52 GMT+0200 (Hora de verano romance)
    
Para conseguir esto debemos poñer esto dentro do apartado "head":

 <p id="demo"></p>

<script>
document.getElementById("demo").innerHTML = Date();
</script>


Explicación: a "p" é para especificar a clase como un parágrafo, a "id" é para identificalo como "demo" e o parágrafo de abaixo serve para que a función de data se realice como un script E dicir realiza unha función cando nos facermos outra (actualizase cada vez que nos actualizamos a páxina) coas caracteristicas especificadas de "demo"(é un parágrafo e polo tanto ten as mesmas carácteriasticas que se lle especifiquen a estes na páxina "class").

Podemos atopar este titorial e outros moi similares aquí.


¿ Cómo poñer iconas ?

Vamos poñer as seguintes iconas:
 Para isto debemos escribir este código na liña seguinte á de "head" da páxina na que queremos situalas posto que estas son iconas de google :
<link rel="stylesheet" href="https://fonts.googleapis.com/icon?family=Material+Icons">
Este viria sendo o link que indica de donde saiu o estilo das iconas e que identifica es palabras que debemos escribir no código con cada imaxe.
A continuación debemos escribir na parte superior do apartado "body":

<i class="material-icons">cloud</i>
<i class="material-icons">favorite</i>
<i class="material-icons">attachment</i>
<i class="material-icons">computer</i>
<i class="material-icons">traffic</i>


Explicación:  o "i" é para especipicar a clase (texto, título, imaxe, icona...), o "class" é para especificar unha clase (que podemos modificar na páxina de styles escribindo: .material-icons{...o que queiramos modificar...}) e os nomes a continuación son para identificarse co link posto con anterioridade e saber a imaxe que debe aparecer.
 Podemos ver este tutorial e atopar moitas máis iconas aquí.



Espero que vos guste e vos sirva para algo o titorial aínda que requira bastante de outras páxinas:)
 



lunes, 30 de enero de 2017

Comentario páxina web

Comentario páxina web

COCINAGALLEGA.ES

Esta páxina web gústame pola súa distribución en bloques con unha imaxe centrada en cada bloque que leva a outras páxinas secundarias. A súa tipografía é distinta segundo sexa un título principal, un título dunha sección de páxina secundaria ou todas as demais explicacións ou publicacións.

 
 As cores que mais predominan son a azul e a branca pero tamén ten algo de amarelo e moita cor nas imaxes.




Polo xeral ten máis imaxe que texto menos nas páxinas secundarias nas que para explicarnos as receitas galegas nas que usa un pouco máis de texto pero sempre con un notable predominio das imaxes. 



Todas as páxinas teñen un estilo pouco recargado e que recorda á portada moito (nalgúns casos é igual). É moi doado atopar o contido e esta todo organizado por as diferentes cousas de interese de Galicia porque aínda que é unha páxina de cociña tamén inclúe partes de turismo, prensa galega, outros blogs galegos... Pareceme interesante estéticamente a combinación de cores que conseguiron. Aumentaría o tamaño dos títulos secundarios que dividen as seccións. 
 

Interaccionase coa páxina picando nos diferentes cadros ou títulos que hai. As páxinas secundarias accedese tamén picando na barra de seccións da páxina ou nas imaxes dos bloques. A páxina técnicamente esta moi ben estructurada (cómoda e moi clara de usar); pero faltalle o botonciño ou link de volta á páxina principal nas páxinas secundarias. Integra moitas imaxes, algún video, links a páxinas de turismo galego e algún texto pero sen excederse.
O que añadiría á miña páxina sería unha distribución en bloques cos links nas imaxes do interior, a imaxe que se atopa ao lado do título (

)e as barriñas con diferentes apartados e páxinas secundarias ou un buscador.